A empresa presentara unha queixa ante a ICANN no mes de novembro
Os dominios estaban rexistrados a nome de Daniel Bijan, con residencia en Los Angeles, un "mega produtor, cantante e empresario", que ostentaba a propiedade de 16 dominios que a empresa de Cupertino consideraba seus.
Apple presentou unha queixa á ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) en novembro, e gañou o dereito sobre todos eles o pasado xoves. Os dominios están relacionados cos iPod, accesorios, iPhone, Mac, e MacBook, co dominio macbookpro.com como o máis destacado.
Segundo o documento da corte, Bijan non presentou unha resposta á denuncia de Apple, polo que foi "unha decisión fácil". Con todo, Apple tería conseguido os dominios de igual xeito dado que é a propietaria das marcas comerciais do iPod, iPhone, MacBook e Mac.
Apple alegou que cada un dos dominios era "confusamente similar" aos nomes dos produtos da empresa de Steve Jobs. Ademais argumentou que Bijan estaba utilizando os dominios con "mala fe", xa que estas páxinas remitían a outros produtos que son competencia directa de Apple. Bijan rexistrara os dominios entre 2006 e 2009.
Os dominios que pasaron da propiedade de Bijan á empresa de Cupertino son: blueipod.com, iphonecheap.com, iphonetoys.com, ipodaccessories.info, ipodkits.com, ipodsbaratos.com, macbookpro.biz, macbookpro.com, macbookpro.net, macbookpro.org, macfriend.com, redipods.com, macbook.us, macbookpro.us, macbooks.us e macpro.us.
Segundo o portal especializado TechCrunch, o sorprendente desta lista é que non se atopa, entre os dominios "devoltos" a Apple, ningunha referencia ao seu futuro tablet PC, iSlate, que segundo as previsións, sen confirmar por Apple, anunciarase o próximo 27 de xaneiro.
15/06/2013
"Grazas a toda a sociedade galega polo seu apoio"
15/06/2013
Galicia consegue o .gal
03/06/2013
O .cat foi o segundo domino que máis medrou no mundo en 2012
15/05/2012
PuntoGAL felicita a .bzh pola aprobación do dominio para o bretón
© Asociación Puntogal