Recoñecemento internacional do dominio para a comunidade cultural e lingüística catalá
Nos case catro anos de funcionamento, o .cat non parou de aumentar o número de rexistros e a cantidade de contidos baixo este dominio. Ademais, a reputación internacional do .cat segue sendo impecable e unha vez máis é avalada pola opinión dos expertos do mundo deInternet.
A semana pasada tivo lugar en Barcelona o encontro anual que realiza o ICANN-Studienkreis (círculo de estudos), onde a través de diferentes sesións se crea un espazo de debate, reflexión e intercambio de ideas nunha contorna máis aberta que nas reunións internacionais de ICANN.
O tema principal do Studienkreis deste ano foi o proceso de creación de novos dominios, dado que ICANN precisa asegurar un proceso de selección ecuánime e que asegure a súa futura viabilidade técnica. Neste sentido, o dominio .cat foi novamente protagonista, posto que se mencionou en varias ocasións como un exemplo de dominio seguro, tecnolóxicamente líder, ben xestionado e cun gran apoio social. A boa experiencia do .cat avala as candidaturas doutros dominios similares, en concreto os dominios lingüísticos e culturais, como é o caso do .gal, e grazas a unha proposta feita por puntCAT, poderían ser aprobados máis rapidamente que o resto.
A Fundación puntCAT móstrase satisfeita polo esforzo que teñen realizado ao dotar continuament ao seu dominio dos últimos avances tecnolóxicos.
09/09/2010
O NomCom da ICANN selecciona tres novos membros para a directiva do organismo
09/09/2010
O Parlamento Europeo contra o tratado ACTA
04/08/2010
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre
02/08/2010
A ICANN mellora a seguridade de Internet
20/08/2010
Intel mercará McAfee
17/09/10
Reunión do Foro da Gobernanza de Internet en Vilna (Lituania)
24/09/10
XII Encontros para a Normalización Lingüística
28/09/10
Foro Tecnolóxico @asLAN 2010
© Asociación Puntogal