Entre o 20 e o 25 de xuño as máis de 1.200 persoas inscritas na convención analizarán en detalle cuestións como a gobernanza de Internet, o abuso do sistema DNS e a normativa aplicable á hora de conceder novos dominios xenéricos de primeiro nivel.
Os membros da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) explicarán detalladamente as novidades incluídas no cuarto borrador da guía para os solicitantes de novos dominios, publicado a comezos deste mes de xuño, e no que se describen os pasos que se deberán seguir á hora da presentación de solicitudes.
Este borrador inclúe propostas para a protección de marcas, a resolución de disputas no ámbito dos novos dominios e a separación entre operador de rexistro e rexistrador de dominios. Durante a reunión presentaranse as principais diferenzas e avances en relación ao terceiro e anterior borrador, presentado en outubro de 2009.
A guía non é definitiva, senón que se trata do cuarto borrador do documento que estará aberto a comentario público e, previsiblemente, dará lugar á publicación da guía final para solicitantes de novos dominios xenéricos.
Durante o encontro, os representantes de PuntoGal participarán activamente nas sesións de traballo da convención defendendo os intereses do .gal e aportando a súa opinión, que se terá en conta á hora de redactar a guía definitiva. Ademais, manterán distintos encontros e entregarán información aos asistentes sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede, destacando a actividade cultural da comunidade galega afincada en Bélxica, centrada especialmente no mundo da música. Reuniranse e intercambiarán opinións cos membros doutras candidaturas lingüísticas e culturais europeas, xunto aos que presentarán os seus proxectos no Parlamento Europeo, ademais de manter entrevistas con membros da ICANN, representantes de operadores de rexistro, rexistradoras e representantes do Comité Asesor dos Gobernos de ICANN.
09/09/2010
O NomCom da ICANN selecciona tres novos membros para a directiva do organismo
09/09/2010
O Parlamento Europeo contra o tratado ACTA
04/08/2010
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre
02/08/2010
A ICANN mellora a seguridade de Internet
20/08/2010
Intel mercará McAfee
17/09/10
Reunión do Foro da Gobernanza de Internet en Vilna (Lituania)
24/09/10
XII Encontros para a Normalización Lingüística
28/09/10
Foro Tecnolóxico @asLAN 2010
© Asociación Puntogal