Segundo un informe de Verisign para o primeiro trimestre de 2010
A industria de nomes de dominio finalizou o primeiro trimestre de 2010 cunha base de máis de 193 millóns de nomes de dominio rexistrados entre todos os nomes de dominio de primeiro nivel (TLD), o que supuxo un incremento de 11 millóns de nomes de dominio rexistrados. Isto significa un aumento do 6% en comparación co primeiro trimestre de 2009 e un crecemento do 0.6% dos nomes de dominio rexistrados en relación ao último trimestre do 2009.
A base total de nomes de dominio .com e .net creceu ata alcanzar os 99,3 millóns de nomes de dominios no primeiro trimestre de 2010. Isto representa un aumento do 2.7% con respecto ao cuarto trimestre e do 7% con respecto ao mesmo trimestre de 2009. Os rexistros novos de .com e .net agregáronse a unha media de aproximadamente 2.7 millóns por mes no primeiro trimestre de 2010, para chegar a un total de 8.1 millóns de rexistros novos no trimestre.
A taxa de renovación do primeiro trimestre de 2010 foi do 72%, un aumento con respecto ao cuarto trimestre de 2009 no cal dita taxa foi de aproximadamente o 71%. As taxas de renovación para cada trimestre poden ter unha variación duns poucos puntos porcentuais en calquera sentido, baseada na composición da base en vías de expirar e na contribución de distribuidores autorizados específicos.
A media de consultas ao Sistema de Nomes de Dominios (DNS) de VeriSign durante o primeiro trimestre de 2010 foi de 54 mil millóns por día, con picos de ata 63.2 mil millóns por día. En comparación co cuarto trimestre de 2009, a media de consultas diarias e os picos de consultas diarias evidenciaron un aumento do 4%. Anualmente, a media diaria aumentou un 41% e os picos de consultas diarias creceron un 43%, informa o DiarioTI con datos de Verisign.
20/08/2010
Intel mercará McAfee
04/08/2010
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre
02/08/2010
A ICANN mellora a seguridade de Internet
02/08/2010
O COETG-AETG anuncia os gañadores dos premios Galicia das Telecomunicacións
01/07/2010
As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal
17/09/10
Reunión do Foro da Gobernanza de Internet en Vilna (Lituania)
24/09/10
XII Encontros para a Normalización Lingüística
28/09/10
Foro Tecnolóxico @asLAN 2010
© Asociación Puntogal