“Unha quinta parte do mundo fala chinés”, dixo Rod Beckstrom, presidente da ICANN, organismo que xestiona o sistema de nomes de Internet. “Isto significa que incrementaremos a accesibilidade on-line para un billón de persoas”.
O anuncio da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) vén despois dunha decisión anterior de permitir os nomes de dominio en árabe, e espérase que suceda o mesmo con outros sistemas de escritura non-latinos.
Jonathan Shea, director executivo da Hong Kong Internet Registration Corporation (HKIRC), un dos organismos que implementará estes cambios, afirmou que os cidadáns chineses confían nos buscadores á hora de atopar páxinas webs.
Ata agora, os nomes de dominio en alfabetos de caracteres latinos dificultaba que os chineses puidesen recordar ou mesmo tentar adiviñar o nome de páxinas webs. "Moitas empresas e organizacións son coñecidas só polos seus nomes en chinés e as súas identidades corporativas e de marca se perden con frecuencia no ciberespazo", dixo Shea, porque están obrigados a ter os seus nomes de dominio en inglés.
“A dispoñibilidade de nomes de dominio en chinés solucionará estes problemas para sempre”, declarou Shea a AFP.
A axencia de rexistros de nomes de dominio vencellada ao goberno chinés, “China Internet Network Information Center (CNNIC”), referiuse a este cambio como un “recoñecemento por parte da comunidade internacional da cultura chinesa en Internet”.
09/09/2010
O NomCom da ICANN selecciona tres novos membros para a directiva do organismo
09/09/2010
O Parlamento Europeo contra o tratado ACTA
04/08/2010
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre
02/08/2010
A ICANN mellora a seguridade de Internet
20/08/2010
Intel mercará McAfee
17/09/10
Reunión do Foro da Gobernanza de Internet en Vilna (Lituania)
24/09/10
XII Encontros para a Normalización Lingüística
28/09/10
Foro Tecnolóxico @asLAN 2010
© Asociación Puntogal