Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O dominio .co chega ao medio millón de rexistros en dous meses

16/09/2010 O administrador de dominios .co, .CO Internet S.A.S,  anunciou onte ter alcanzado máis de medio millón de rexistros de nomes de dominio .co, informa El Espectador.

Ata este momento, compañías, programadores web, axencias, emprendedores e individuos de 200 países de todo o mundo xa rexistraron dominios .co.

Aínda que cerca do 37% dos actuais rexistros realizáronse nos Estados Unidos, a popularidade do dominio en  outros países segue crecend: Reino Unido (17%), Colombia (12%), Australia e Canadá (4%), Alemaña (3%), India e China (2%), Francia e Polonia (2%).

Un dos factores clave do éxito no lanzamento do dominio .co foi a sólida rede de distribución implementada polo administrador dos dominios .co a través da conformación de alianzas con moitos dos principais rexistradores e comercializadores de dominios a nivel global, incluídos, entre outros, GoDaddy.com, OpenSRS, Network Solutions, eNom, Inc. e 1&1 Internet AG.

Hai dúas empresas de capital 100% nacional operando para o mercado colombiano:  Mi.com.co y DominioAmigo.com.co, que ofrecen servizo de rexistro e servizos de valor agregado.

De acordo ás directrices do Ministerio de Tecnoloxías da Información e  Telecomunicacións (Mintic), a rede de distribución está sendo apoiada por unha campaña internacional de posicionamento da marca ".co", na que se demostra o potencial do dominio para empresas de calquera índole e localización xeográfica.

© Asociación Puntogal