Dende o inicio da súa labor, a Asociación conta co apoio da Xunta (actualmente a través da da secretaría xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) para financiar e organizar os traballos de preparación da candidatura. Ademais, entre os seus socios promotores, figuran as tres universidades e as principais institucións culturais do país, como a Real Academia ou o Consello da Cultura Galega.
Para que servirá o .gal?
En total son 108 as entidades adheridas a Puntogal, incluídos máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas, Portugal, Francia, Suiza, Alemaña, Bélgica, A Arxentina, Estados Unidos, O Uruguai e Brasil.
Servir de vínculo entre as webs da emigración é precisamente un dos obxectivos de Puntogal. Ademais, contar cun dominio propio situará o galego no máximo nivel entre as linguas no DNS, o que repercutirá no seu prestixio internacional. Para os efectos prácticos, atopar e ordenar información en galego resultará moito máis doado, por exemplo para os grandes buscadores.
Reverter beneficios en espallar o galego nas novas tecnoloxías
A nivel económico, Puntogal é unha iniciativa sen ánimo de lucro que pode funcionar sen supor carga algunha para os orzamentos públicos. Ademais, o .gal pode captar recursos do exterior cando as grandes marcas internacionais reserven o seu dominio en galego, www.google.gal por exemplo. Os beneficios que, de lograr o dominio, se acaden serán destinados a fomentar a lingua e a cultura galegas nas novas tecnoloxías.
O modelo a seguir é o da Fundació Puntcat, que xestiona o .cat, o único dominio lingüítico aprobado até hoxe pola ICANN. En menos cinco anos Puntcat, logrou gañar diñeiro abondo para ser autosuficiente, mesmo para financiar bolsas a proxectos da sociedade da información sobre a cultura catalá.
Con todo, para ter opcións de conseguir e facer rendíbel o .gal é imprescindible demostrarlle a ICANN un amplo respaldo institucional e social. Por iso a Asociación Puntogal anima a todos os internautas a aportar o seu grao de area asinando a través de www.puntogal.org.
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Puntogal, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!

punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame

esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada..
Del.ici.ous

gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en favoritos no noso ordenador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas para compartilas con outras persoas.
Yahoo!

igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati

para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor

formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.
Facebook

podes compartir rapidamente calquera páxina cos teus amigos e amigas, mesmo cando non te atopes en Facebok.
Myspace

Este sitio web de interacción social permiteche, entre outras opcións, compartir esta información cos teus amigos e amigas.