OS REXISTROS DE ".GAL" TERÁN UNHA REPERCUSIÓN DIRECTA NO FOMENTO DO NOSO IDIOMA NA REDE
A Asociación Puntogal e o resto de candidatos teñen de prazo até o próximo 13 de abril para remitir a súa proposta. A ICANN baralla un escenario de doce meses aproximadamente para publicar os primeiros resultados do exame. Polo tanto, no próximo ano é posible que se poidan rexistrar dominios “.gal”.
Beneficioso para o galego nas novas tecnoloxíasA historia recente dos dominios demostra a viabilidade económica e social dos identificadores culturais. O “.cat”, para a lingua e cultura catalanas logrou rexistrar máis de 53.000 identificadores dende a súa aprobación hai cinco anos, reinvestindo os resultados en bolsas para promover o catalán en internet, entre outras accións. Trátase do único dominio lingüístico aprobado pola ICANN até hoxe.
Cando hoxe alguén dende Galicia rexistra un dominio xenérico (.com, .net. .org, .info, etc.) gran parte dos beneficios da operación marchan fóra. Polo contrario, cando se active un \".gal\" haberá unha repercusión directa en Galicia. A Asociación Puntogal, entidade sen ánimo de lucro, destinará o resultado da súa actividade ó fomento da lingua e a cultura na rede e noutras novas tecnoloxías. Os custes necesarios para poder examinarse diante da ICANN (matrícula, aval, etc.) son sufragados grazas ao convenio coa IMIT, cun importe global de 213.000 euros.
Socios de dez países colaboran co “.gal”En total son 110 as entidades adheridas a Puntogal, incluídas as institucións culturais máis importantes do país como, por exemplo, as tres universidades, o Consello da Cultura e a Real Academia. Cómpre destacar que entre os socios hai máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina, Estados Unidos, O Uruguai e Brasil.
Servir de vínculo entre os sitios de Internet da emigración é precisamente outro dos obxectivos de Puntogal. Ademais, contar cun dominio propio situará o galego no máximo nivel entre as linguas no DNS, o que sen dúbida mellorará o seu prestixio dentro e fóra de Galicia. A efectos prácticos atopar, identificar e ordenar información en galego resultará moito máis doado, tanto para os grandes buscadores como para os internautas.
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Puntogal, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!

punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame

esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada..
Del.ici.ous

gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en favoritos no noso ordenador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas para compartilas con outras persoas.
Yahoo!

igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati

para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor

formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.
Facebook

podes compartir rapidamente calquera páxina cos teus amigos e amigas, mesmo cando non te atopes en Facebok.
Myspace

Este sitio web de interacción social permiteche, entre outras opcións, compartir esta información cos teus amigos e amigas.