Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

EDITA DE LORENZO, NOMEADA DIRECTORA XERAL DE PUNTOGAL

puntoGAL presenta os 93 primeiros enderezos que poderán activarse co .gal a partir do 25 de xullo

22/07/2014 A Asociación puntoGAL presentou este martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran na lista anexa serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.

O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros,134, superou ampliamente as prazas dispoñíbeis. A Asociación seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Das candidaturas recibidas, 39 foron administracións públicas, 32 empresas e 63 para asociacións. Seleccionáronse 93 coa seguinte distribución: 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de lucro. A Asociación quere agradecer o interese de todos os candidatos que, coa súa proposta, demostraron o compromiso que existe en todos os sectores da sociedade para que Galicia teña un identificador de seu na Rede. Os nomes pioneiros poderán activarse dende o vindeiro venres, data elixida por puntoGAL pola súa especial significación no país, unha vez resoltos os requisitos da posta en marcha para cada un deles, indicados na convocatoria.

O .gal aumentará o tráfico e os ingresos das páxinas galegas

O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, detallou as vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor dun identificador de máximo nivel. González salientou no seu discurso que “os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade”.

González tamén lembrou que dende o 1 de xuño puntoGAL mantivo numerosas reunións con empresas, administracións e asociacións para explicarlles a importancia do .gal e animalos a participar nos pioneiros. Grazas a esta labor logrouse, por exemplo, que o Parlamento de Galicia aprobase por unanimidade unha resolución de apoio ao dominio na que a Cámara pide expícitamente a todas as institucións que se sumen ao .gal . Ademais, a directiva de .gal mantivo encontros con, entre outros, o Valedor do Pobo, a Real Academia Galega todas as forzas políticas do hemiciclo, medios de comunicación, a Mesa pola Normalización ou a Asociación ProLíngua.

De Lorenzo, nova directora, explica as seguintes fases do lanzamento

O acto no Museo do Pobo serviu tamén para que puntoGAL anunciase o nomeamento da súa primeira directora xeral. Nunha recente xuntanza da dirección do organismo na que, entre outras cuestións, se aprobou o regulamento de funcionamento do mesmo, acordouse por unaminidade nomear para este posto a Edita de Lorenzo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, De Lorenzo é profesora titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 1998. Esta ourensana, enxeñeira de Telecomunicación e doutora pola Universidade de Vigo, forma parte da directiva de Coditel (Conferencia de Directores de Enxeñería de Telecomunicación), do Coetg/Aetg (Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacion de Galicia) e é vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011. Foi cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), capítulo do IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineering).

A nova directora xeral destacou o apoio económico realizado polos pioneiros, pois a súa aportación é a única fonte de ingresos actual de puntoGAL. O obxectivo da Asociación é que o .gal se autofinancie e reinvista os posíbeis beneficios na sociedade galega. A doutora de Lorenzo deu as grazas a todos os que contribuíron ao lanzamento do novo identificador, especialmente aos que farán visible o dominio activándoo a partir do 25 de xullo.

Seis pioneiros terán que esperar un pouco máis

A directora xeral tamén sinalou que dos 93 pioneiros seleccionados, 6 están incluídos nunha lista da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet) de millóns de enderezos de todos os novos dominios que non se poderán activar agora. É dicir; r.gal, cultur.gal, xunta.gal, crtvg.gal, ccoo.gal e socialistas.gal están xa rexistrados a nome desas organizacións; pero técnicamente non poderán entrar en funcionamento o 25 de xullo, como si poderán o resto de pioneiros. O motivo é que ICANN estableceu que 9,8 millóns de enderezos de novos dominios necesitan salvaguardas especiais para evitar confusións entre a Internet e as intranets. Esta lista -chamada por ICANN 'confusión de nomes' ou 'name collision' - afecta a todos os novos identificadores, non só ao .gal. Estes nomes entrarán en funcionamento en canto a ICANN determine o procedemento para activalos.

Abrente e Carreira: en paralelo dende setembro até novembro

Edita de Lorenzo tamén explicou as seguintes fases do lanzamento. Completados os Pioneiros, a seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna os enderezos da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos.

Paralelamente ao Abrente, haberá unha Carreira para o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por enderezos especialmente atractivos.

Fase Aberta: o dominio para todos en decembro

E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións, como sucede como calquera dos dominos que levan tempo na Rede.

As características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indicarase a fórmula para consultar e solventar dúbidas.

Os motivos para organizar o lanzamento en diferentes fases -como fan todos os novos dominios- son: garantir a estabilidade técnica do .gal, cumprir as normas establecidas por ICANN e asegurar un lanzamento ordenado, que protexa os dereitos públicos e privados.

Requerimentos para usar un .gal

Dominio.gal tamén explica que páxinas webs poderán mostrarse cun .gal . O rexistro será libre e os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña específicamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN.

Grazas polo masivo e interrompido apoio recibido estes sete anos

A Asociación puntoGAL está formada por 114 organizacións de todos os sectores sociais; incluídas as principais institucións culturais do país, as tres universidades, medios de comunicación, empresas de tecnoloxía, centros de galegos no exterior e ducias de asociacións culturais de base. Durante os seus sete anos de traballo continuado gañouse o apoio de máis de 12.000 persoas, apoio que foi fundamental para que ICANN aprobase a candidatura en 2013 e delegase o dominio esta primavera.

A todas estas persoas e institucións, puntoGAL quere dar as grazas unha vez máis. Dende este 25 de xullo, o domino é, máis ca nunca, voso.


A lista de 93 enderezos seleccionados, por orde alfabética, e a entidade rexistrante é a seguinte:

25dexullo.gal

Xunta de Galicia

academia.gal

Real Academia Galega

adega.gal

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

aetg.gal

Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia

agasol.gal

Asociación de Emresas Galegas de Software Libre (AGASOL)

age.gal

Alternativa Galega de Esquerda

amesa.gal

A Mesa pola Normalización Lingüística

amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde

anova.gal

Anova - Irmandade Nacionalista

ascatedrais.gal

Concello de Ribadeo

atriga.gal

Axencia Tributaria de Galicia

avelinodiaz.gal

Hadrián Fernández Eiros "Ardao Eiros"

avogacia.gal

Consello da Avogacía de Galicia

avozdevilalba.gal

Asociación Cultural A Voz de Vilalba

axendadixital.gal

Xunta de Galicia

bng.gal

Bloque Nacionalista Galego

cabana.gal

Cabana Bergantiños

cambre.gal

Cambre

carballo.gal

Carballo

castrelo.gal

Castrelo de Miño

catedraldesantiago.gal

Catedral de Santiago

ccoo.gal

CCOO de Galicia

celta.gal

Real Club Celta de Vigo S.A.D.

cesga.gal

Fundación Centro Supercomputación de Galicia

cidadedacultura.gal

Cidade da Cultura de Galicia

clustertic.gal

Cluster TIC de Galicia

codigo.gal

Grupo Código Cero Comunicación

compromiso.gal

Compromiso por Galicia

concellodemanzaneda.gal

Manzaneda

consellodacultura.gal

Consello da Cultura Galega

cpeig.gal

Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia

crea.gal

Asociación CREA directores y realizadores de Galicia

crtvg.gal

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

csif.gal

Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia

ctnl.gal

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

cultur.gal

Jose Manuel Aldea Moscoso

cultura.gal

Xunta de Galicia

deputacionlugo.gal

Deputación provincial de Lugo

dinahosting.gal

Dinahosting

editorialgalaxia.gal

Editorial Galaxia, S.A.

elcorreogallego.gal

Editorial Compostela, S.A.

fegamp.gal

Federación Galega de Municipos e Provincias

feijoo.gal

Partido Popular

fundacioncastelao.gal

Fundación Castelao

fundacionislacouto.gal

Fundación Isla Couto

fundacionoteropedrayo.gal

Fundación Otero Pedrayo

gadis.gal

Gadisa Retail S.L.U.

galicia.gal

Xunta de Galicia

galiciacalidade.gal

Galicia Calidade

galiciaconfidencial.gal

Xurimaru Servizos de Comunicación

galizacig.gal

Confederación Intersindical Galega - CIG

goberno.gal

Xunta de Galicia

isoc.gal

Internet Society

lavozdegalicia.gal

La Voz de Galicia S.L.U.

liceodenoia.gal

Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia

lingua.gal

Xunta de Galicia

mundo-r.gal

R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A

museodopobo.gal

Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego

ordes.gal

Ordes

oval.gal

Cooperativa Santa María do Val S.C.G.

parlamento.gal

Parlamento de Galicia

pgl.gal

AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL)

ponteceso.gal

Ponteceso

pontevedra.gal

Concello de Pontevedra

portaldaspalabras.gal

Real Academia Galega e Fundación Barrié

ppdegalicia.gal

Partido Popular

praza.gal

Fundación Praza Pública

presidente.gal

Xunta de Galicia

prolingua.gal

Asociación Cultural Prolingua

psdeg-psoe.gal

PSdeG

R.gal

R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A

radiofusion.gal

Emisoras Municipais Galegas

radiogalega.gal

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

rcdeportivo.gal

Real Club Deportivo de La Coruña

redondela.gal

Concello de Redondela

reizentolo.gal

Rei Zentolo, S.L.

ribadeo.gal

Ribadeo

sermosgaliza.gal

Sermos Galiza, S.A.

snccoo.gal

CCOO de Galicia

socialistas.gal

PSdeG

teleco.gal

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

televisiondegalicia.gal

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

teo.gal

Teo

turismo.gal

Xunta de Galicia

udc.gal

Universidade da Coruña

usc.gal

Universidade de Santiago de Compostela

uvigo.gal

Universidade de Vigo

valedordopobo.gal

Valedor do Pobo

veciñosporlugo.gal

Veciños por Lugo

vilardesantos.gal

Vilar de Santos

xerais.gal

Edicións Xerais de Galicia

xornalistas.gal

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

xunta.gal

Xunta de Galicia

© Asociación Puntogal