Rod Beckstrom, presidente executivo da ICANN, dixo que só quedaban o 8% ou 9% dos enderezos de ipv4, e que as empresas necesitan pasarse ao novo estándar de ipv6 canto antes.
"Estanse esgotando", dixo a Reuters nunha entrevista. "Realmente hai que facer esa transición, estamos vendo como se acaba este escaso recurso".
Ipv4, utilizado desde que internet se converteu nunha ferramenta pública na década de 1980, foi creado con espazo só para uns poucos miles de millóns de enderezos, mentres que ipv6 ten billóns.
Unha multitude de dispositivos como cámaras, reprodutores de música e consolas de videoxogos estanse sumando aos computadores e teléfonos móbiles como dispositivos capaces de conectarse á web, e cada un deles necesita a súa propia dirección de IP.
Hans Vestberg, presidente executivo do fabricante de equipos de telecomunicacións Ericsson, predixo este ano que habería 50.000 millóns de dispositivos conectados para o 2020.
Beckstrom declarou: "É unha gran tarefa de xestión (...) pero vai ter que suceder pola gran cantidade de aparellos que utilizan internet que os humanos estamos inventando agora".
Dominios internacionais Beckstrom atopábase en Moscova para entregar oficialmente a Rusia o primeiro nome de dominio internacional no alfabeto cirílico. En lugar de ter que usar o dominio latino .ru, as organizacións rusas poderán utilizar agora o equivalente no alfabeto cirílico.
ICANN aprobou a introdución gradual de nomes de dominio internacionalizados o ano pasado. Os países poden pedir agora nomes de dominio para dentro do país noutros alfabetos, como árabe ou chinés, pero a longo prazo isto expandirase a todos os nomes de direccións de internet.
Ata agora, ademais de Rusia, Exipto, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos teñen aprobación da ICANN para utilizar os seus alfabetos nacionais no dominio de alto nivel, ou última parte do enderezo despois do punto.
"É un gran avance. Internet estivo por aí aproximadamente durante catro décadas e esta é a primeira vez que os nomes de dominio se están abrindo ás linguas nativas e alfabetos da xente", dixo Beckstrom.
O executivo engadiu que a ICANN recibiu ata agora unhas 21 peticións de nomes de dominio internacionais (IDN, polas súas siglas en inglés) por parte de países.
Beckstrom dixo que foran necesarios 11 anos de traballo técnico para atopar unha forma de aceptar outros alfabetos.
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Puntogal, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!

punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame

esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada..
Del.ici.ous

gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en favoritos no noso ordenador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas para compartilas con outras persoas.
Yahoo!

igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati

para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor

formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.
Facebook

podes compartir rapidamente calquera páxina cos teus amigos e amigas, mesmo cando non te atopes en Facebok.
Myspace

Este sitio web de interacción social permiteche, entre outras opcións, compartir esta información cos teus amigos e amigas.