Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Intel mercará McAfee

Acordo por 7.680 millóns de dólares

Intel mercará McAfee

20/08/2010  O fabricante estadounidense de microprocesadores Intel chegou a un acordo coa compañía de antivirus McAfee por 7.680 millóns de dólares en efectivo, uns 5.964 millóns de euros, informan Reuters e Europa Press.
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre

Segundo datos da plataforma de compra e venda de dominios Sedo

O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre

04/08/2010 O negocio dos dominios de Internet semella non verse afectado pola crise económica, e o prezo e a compra venda de dominios segue medrando, segundo indican os datos do novo estudo trimestral de Sedo, plataforma en liña de operacións comerciais con dominios da rede, informan Efe e Europa Press. 
A ICANN mellora a seguridade de Internet

A ICANN mellora a seguridade de Internet

02/08/2010 O organismo vén de implantar o protocolo de seguridade DNSSEC nos 13 servidores de raíz, incrementando así a seguridade do sistema de nomes de dominio (DNS), informan ICANN e o xornal El País.
O COETG-AETG anuncia os gañadores dos premios Galicia das Telecomunicacións

Os galardóns entregaranse en setembro na XV Noite das Telecomunicacións

O COETG-AETG anuncia os gañadores dos premios Galicia das Telecomunicacións

02/08/2010 O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (CEOTG-AETG) presentou o nome dos premiados de innovación galega no eido das telecomunicacións no marco da XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o vindeiro 3 de setembro, informa Código Cero.
As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal

As tres universidades galegas apoian xa a iniciativa de .gal

01/07/2010 A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para  a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.
PuntoGal presenta a súa iniciativa na 10ª Reunión do ICANN Studienkreis

Expertos en Internet debateron sobre a gobernanza da rede e os novos dominios

PuntoGal presenta a súa iniciativa na 10ª Reunión do ICANN Studienkreis

26/01/2010 A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.

© Asociación Puntogal