Unha ducia de entidades representativas de diversos ámbitos da sociedade galega constituíron en Santiago de Compostela a promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a consecución do dominio .gal como espazo propio na internet para a cultura e a lingua galegas.
A Asemblea Constituínte da Asociación PuntoGal tivo lugar o 10 de xuño de 2006 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Nela aprobáronse os estatutos da asociación, elixiuse a xunta directiva e presentáronse as propostas de traballo.
O 13 de xuño de 2006 presentouse a Asociación PuntoGal nunha rolda de prensa na sede da Real Academia Galega en A Coruña. Déronse a coñecer as liñas de traballo da organización e as entidades adheridas ao proxecto, así como a composición da Xunta Directiva da asociación.
A Asociación PuntoGal está a levar a cabo unha campaña de adhesión para conseguir o apoio individual de milleiros de galegos e galegas a prol do PuntoGal e obter o respaldo das máis importantes entidades do ámbito cultural, asociativo, profesional e empresarial da sociedade galega.
Co obxectivo de promocionar a súa iniciativa e de conseguir un amplo apoio á creación do .gal, a Asociación PuntoGal ten participado en diversos festivais, encontros e feiras, dándose a coñecer así a boa parte da sociedade galega. PuntoGal estivo presente no Festigal '06 Noite Galega das Telecomunicaóns '6, no Culturgal '08, no Xuventude Galiza Net '08 e '09,...
Diversos membros do ámbito da lingua e cultura galegas escribiron artigos de opinión a prol do PuntoGal en xornais, blogs e outros medios de comunicación.
A Asociación PuntoGal, a través dos membros da súa directiva, mantivo diversas xuntanzas con representantes institucionais , asociacións, centros galegos,... co obxectivo de obter o apoio destes á iniciativa a prol do dominio .gal.
A ICANN é o organismo encargado de levar a cabo o proceso de creación de novos dominios de primeiro nivel en Internet. As novas relativas a este proceso danse a coñecer durante as reunións internacionais públicas da ICANN ou a través de comunicados desta organización.
A Asociación PuntoGal recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos 2007, concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) polo labor que a asociación vén desenvolvendo para conseguir un dominio propio en Internet para a lingua e a cultura galega.
09/09/2010
O NomCom da ICANN selecciona tres novos membros para a directiva do organismo
09/09/2010
O Parlamento Europeo contra o tratado ACTA
04/08/2010
O valor dos dominios na rede aumenta un 54% no segundo trimestre
02/08/2010
A ICANN mellora a seguridade de Internet
20/08/2010
Intel mercará McAfee
17/09/10
Reunión do Foro da Gobernanza de Internet en Vilna (Lituania)
24/09/10
XII Encontros para a Normalización Lingüística
28/09/10
Foro Tecnolóxico @asLAN 2010
© Asociación Puntogal