01/07/2010
A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.
07/05/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega durante a 3ª edición do Diálogo Europeo sobre a Gobernanza de Internet, EuroDIG 2010, celebrado a semana pasada en Madrid.
29/01/2010
O pasado domingo rexistrábase o dominio tastetdegospel.cat, co que se chegaron aos 40.000 dominios .cat rexistrados, segundo informa a Fundació puntCAT
26/01/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.
27/02/2009

Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en México D.F. na 34ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de nomes de dominio en Internet.
16/02/2009

María García Ruesgas, Directora de Nomes de Dominio de Arsys, participou recentemente en Roma nunha reunión rexional da ICANN para rexistros e rexistradores acreditados pola ICANN, onde se revisaron as propostas de creación de novos dominios. Os “city” ofrecerán a posibilidade de que as cidades teñan o seu propio dominio e os lingüísticos e culturais, como os “.gal” ou “.eus”, ofrecerán aos internautas dunha comunidade a súa propia identificación dixital.
09/02/2009

Amadeu Abril, impulsor dos dominio .cat, co gallo da presentación da iniciativa .eus -dominio en Internet para a lingua e cultura vasca-, fala sobre a experiencia do dominio catalán e valora as posibilidades para outros dominios de tipo lingüístico e cultura, nunha entrevista publicada no xornal Gara (07-02-2009).
02/02/2009

O pasado 29 de xaneiro presenteouse a Asociación PuntuEus, que ten por obxectivo conseguir o dominio .eus para a comunidade da lingua e cultura vascas.
27/09/2007

Santiago de Compostela acollerá a vindeira fin de semana a primeira reunión das candidaturas linguísticas e culturais que queren obter un dominio propio en internet.
28/08/2007
O dominio de internet .cat ten xa 23.619 rexistros contabilizados un ano e medio logo de ser aprobado polo ICANN, o organismo internacional que se encarga de xestionar os dominios na rede. Segundo o director executivo da fundación Punt.Cat, Jordi Iparaguirre, esta é unha cifra "notable" tendo en conta que o dominio .cat non é dominio territorial equivalente ao que dispón os países, senón que se trata dun rexistro xenérico, dedicado á lingua e a cultura.
© Asociación Puntogal