20/05/2010
O mundo non tardará moito en quedar sen enderezos de internet ante a explosión do número de dispositivos conectados á web, polo que as organizacións deben trasladarse a unha nova versión do Protocolo de Internet, dixo o responsable do organismo que adxudica as direccións IP, informa o xornal El Universal.
06/05/2010
A ICANN anunciou onte a incorporación ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio) dos primeiros dominios de código de país IDN en alfabetos non latinos, segundo informa a web deste organismo.
13/01/2010
Bulgaria recibira hai case dous anos a aprobación da Corporación para a Asignación de Nomes e Números en Internet (ICANN) para rexistrar un dominio web en alfabeto cirílico, e agora pende a súa aprobación deste organismo para rexistrar o dominio ".bg", pero usando caracteres cirílicos, informa EFE.
10/12/2009
A letra ñ, as tildes, así como outros caracteres dos alfabetos latino, grego ou cirílico, pódense rexistrar a partir de hoxe nos dominios de internet .eu, de forma que as 23 linguas oficiais da Unión Europea se poderán empregar plenamente á hora de crear un dominio europeo, informa Efe.
© Asociación Puntogal