Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Os representantes de Política Lingüística, AMTEGA, puntoGAL e puntCAT (dende a esquerda)

29/05/2012

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA

A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura hoxe nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, da Fundació Puntcat e do Goberno Galego.


25/05/2012

Presentación da candidatura do puntoGAL

A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas está a piques de remitirse en prazo e forma. A ICANN, o ente que goberna as direccións de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, pero a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal .


Tag:

editores

© Asociación Puntogal