Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Parte da directiva de puntoGAL e do seu equipo administrativo durante a presentación da aprobación do dominio no Instituto de Ensino Secundario público Rosalía de Castro

15/06/2013

"Grazas a toda a sociedade galega polo seu apoio"

No instituto público IES Rosalía de Castro, a Asociación puntoGAL presentou en rolda de prensa a aprobación do domino. Manuel González explicou, entre outros aspectos, os prazos e as normas que rexerán o lanzamento do .gal. Velaquí o seu discurso completo:


A televisión filma a rolda de prensa de puntoGAL e AMTEGA

08/05/2013

puntoGAL e a AMTEGA colaboran na recta final para a consecución do dominio de Internet para o galego

O presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e  asinaron esta mañá un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. O Goberno Galego achega este ano 9.000 euros a puntoGAL para financiar os últimos trámites e xestións relativas á candidatura, que pode ser aprobada nos vindeiros meses.


Os representantes de Política Lingüística, AMTEGA, puntoGAL e puntCAT (dende a esquerda)

29/05/2012

puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA

A Asociación puntoGAL xa remitiu a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a culturas galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións de Internet. puntoGAL presentou a candidatura hoxe nun acto en Santiago no que participaron gran parte dos seus socios, da Fundació Puntcat e do Goberno Galego.


Tag:

AMTEGA

© Asociación Puntogal