Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

A directiva do puntoGAL na entrega de premios

13/12/2013

puntoGAL defende a cooperación de toda a sociedade para transmitir unha cultura milenaria

O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, recolleu onte á noite o Premio da Cultura Galega 2013 nunha nova categoría, a de Lingua. Fíxoo de mans de Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Univeristaria da Xunta, nunha cerimonia organizada no Monte Gaiás en Santiago.


Manuel González, presidente de puntoGAL, recolle o premio

19/11/2013

O .gal recolleu o Premio San Martiño de Normalización Linguística

A Asociación Cultural O Brado da Estrada entregou o premio San Martiño de Normalización Lingüística na categoría "Galicia Enteira" á Asociación puntoGAL o pasado xoves na Estrada. puntoGAL agradece o galardón, que é un recoñecemento ao apoio unánime da sociedade galega ao traballo de culminou coa recente aprobación do ".gal".


Expositor de puntoGAL nun culturGAL

29/10/2013

O .gal obtén o Premio da Cultura Galega na categoría de lingua e a nominación a Premio do Público no culturGAL

A Asociación puntoGAL agradece á Xunta de Galicia e á Feira das Industrias Cultural CulturGAL o premio e a nominación recibidos. En concreto, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicoulle o luns o outorgamento do Premio da Cultura Galega na categoría de lengua. Ademais, o venres CulturGAL informou da nominación do puntoGAL ao Premio do Público.


Logo

26/05/2013

Preguntas frecuentes sobre como rexistrar un .gal

PuntoGAL presenta as respostas ás dúbidas máis comúns remitidas por correo electrónico e a través das redes sociais sobre o futuro lanzamento do dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal.



Axenda relacionada

20 de decembro de 2013 17:00 h - 19:30 h

Asemblea Xeral Ordinaria

A Asemblea organízase o xoves, 20 de decembro de 2013, no Centro Socio Cultural do Ensanche en Santiago de Compostela, as 17 horas en primeira convocatoria, 17:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


Tag:

.gal

© Asociación Puntogal