Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

A directiva do puntoGAL na entrega de premios

13/12/2013

puntoGAL defende a cooperación de toda a sociedade para transmitir unha cultura milenaria

O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, recolleu onte á noite o Premio da Cultura Galega 2013 nunha nova categoría, a de Lingua. Fíxoo de mans de Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Univeristaria da Xunta, nunha cerimonia organizada no Monte Gaiás en Santiago.


Manuel González, presidente de puntoGAL, recolle o premio

19/11/2013

O .gal recolleu o Premio San Martiño de Normalización Linguística

A Asociación Cultural O Brado da Estrada entregou o premio San Martiño de Normalización Lingüística na categoría "Galicia Enteira" á Asociación puntoGAL o pasado xoves na Estrada. puntoGAL agradece o galardón, que é un recoñecemento ao apoio unánime da sociedade galega ao traballo de culminou coa recente aprobación do ".gal".


Expositor de puntoGAL nun culturGAL

29/10/2013

O .gal obtén o Premio da Cultura Galega na categoría de lingua e a nominación a Premio do Público no culturGAL

A Asociación puntoGAL agradece á Xunta de Galicia e á Feira das Industrias Cultural CulturGAL o premio e a nominación recibidos. En concreto, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicoulle o luns o outorgamento do Premio da Cultura Galega na categoría de lengua. Ademais, o venres CulturGAL informou da nominación do puntoGAL ao Premio do Público.


González recolle o premio do CPEIG das mans de Nuñez Feijóo

05/10/2013

A Asociación puntoGAL recolle o premio especial que lle outorga o Colexio de Enxeñería en Informática

Manuel González González, presidente da Asociación puntoGAL, recolleu este venres o  galardón especial concedido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).  A Xunta de Goberno do CPEIG decidiu por unanimidade premiar a aprobación dun dominio para a lingua e cultura galegas por parte da ICANN - o organismo que goberna as direccións da Internet.


Logo CPEIG

02/07/2013

O Colexio de Enxeñería en Informática premia o impulso á lingua que representa o .gal

A Asociación puntoGAL mostra o seu agradecemento polo galardón especial que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acaba de concederlle.  A Xunta de Goberno do CPEIG decidiu por unanimidade premiar así a aprobación dun dominio para a lingua e cultura galegas por parte da ICANN - o organismo que goberna as direccións da Internet.


Tag:

premio

© Asociación Puntogal