16/07/2010
Os operadores de rexistro de China pronto empezarán a ofrecer nomes de dominio en caracteres chinos, despois de que a ICANN, organismo que xestiona o sistema de nomes de Internet, dera luz verde ao uso do alfabeto chinés, informa AFP.
06/05/2010
A ICANN anunciou onte a incorporación ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio) dos primeiros dominios de código de país IDN en alfabetos non latinos, segundo informa a web deste organismo.
07/05/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega durante a 3ª edición do Diálogo Europeo sobre a Gobernanza de Internet, EuroDIG 2010, celebrado a semana pasada en Madrid.
23/04/2010
A través destes premios, A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia busca fomentar a creación de espazos innovadores e de calidade na Rede que contribúan ao desenvolvemento da sociedade da información, informan desde o portal iMit.
13/04/2010
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico, para conmemorar o día das Letras Galegas e o Día de Internet, informa a web linguadeamor.eu.
10/06/2009
A Asociación PuntoGal, que ten por obxectivo conseguir un dominio propio para a cultura e lingua galegas, vén de estrear a súa nova web no 3º aniversario da súa constitución.
23/04/2009
A Fundación puntCAT presenta no día do San Jordi a campaña "Navega en català" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.
09/11/2007

O buscador máis popular de internet, Google, activa o .cat, o seu primeiro dominio xenérico específico para unha comunidade concreta, neste caso a comunidade lingüística e cultural catalá, segundo informa a Fundació puntCAT, que xestiona o dominio .cat.
© Asociación Puntogal