Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Dende a esquerda, Manuel González, presidente de puntoGAL; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG e Edita de Lorenzo, directora xeral de puntoGAL na rolda de prensa no salón de actos da Real Academia na Coruña / Marcus F.

16/09/2014

PuntoGAL abre dende hoxe unha nova fase para a solicitude de dominios .gal

Os dominios .gal pódense solicitar dende este martes dentro dunha nova Fase de Lanzamento deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas, propietarios de marcas etc.. A Asociación puntoGAL presentou as súas características e prezos base hoxe ao mediodía na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña.


Presentación dos enderezos pioneiros de .gal

22/07/2014

puntoGAL presenta os 93 primeiros enderezos que poderán activarse co .gal a partir do 25 de xullo

A Asociación puntoGAL presentou este martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran na lista anexa serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.


Reunión da directiva da Asociación puntoGAL co Valedor do Pobo

11/07/2014

Ultimo día para solicitar un enderezo pioneiro do .gal

O prazo para solicitar ser un dos 90 pioneiros do .gal remata este venres, 11 de xullo. Quedan pois menos de 24 horas para pedir entrar no grupo de institucións, empresas e colectivos que xa amosaron o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galegas solicitando poder activar a súa web co puntoGAL este 25 de Xullo.


Dominio.gal , o portal de lanzamento do puntoGAL

30/07/2014

Os pioneiros do .gal poderanse solicitar até o 11 de xullo

A Asociación puntoGAL ampliou o prazo para presentar solicitudes ao Programa Pioneiros até o 11 de xullo. puntoGAL responde así á demanda expresada por numerosas administracións públicas e institucións privadas, que pediron  máis tempo para completar os trámites necesarios para remitir a súa solicitude.


Mesa do Parlamento aprobando a moción a prol do .gal

26/06/2014

O Parlamento recoñece a importancia da consecución do .gal

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por unaminidade dos partidos políticos representados na Cámara, unha declaración institucional na que recoñece o logro da obtención do dominio e a súa importancia para o desenvolvemento da Internet en Galicia. O Parlamento sinala que o .gal será beneficioso para o desenvolvemento non só da lingua e a cultura na rede, senón tamén doutros ámbitos, entre os que sinala ás empresas.


Captura de pantalla de dominio.gal

04/06/2014

Aberto o prazo para ser Pioneiro do .gal

A Asociación puntoGAL comezou a recibir xa propostas para participar no Programa Pioneiros. As normas que regulan este proceso e o formulario de solicitude

están publicados en liña dende o 1 de xuño.


Reunión da directiva de puntoGAL

12/04/2014

ICANN delega o dominio .gal

Nic.gal convertiuse onte pola noite no primeiro dominio de puntoGAL activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de 7 anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de caracter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.


Cyrus Namazi, vicepresidente da ICANN

11/12/2013

ICANN pide cautela sobre os servizos de pre-rexistro de novos dominios

A medida que se achega a data de lanzamento dos primeiros novos dominios xenéricos, proliferan na Rede servizos que ofertan o suposto "pre-rexistro" de enderezos nestes novos indentificadores. Algúns destes servizos de "pre-rexistro" ofrecen tamén supostas reservas de enderezos .gal. ICANN, o organismo internacional que goberna os enderezos de Internet, acaba de publicar unha nota na que lembra que estes servizos en realidade non poden garantir ningún tipo de rexistro.


Axenda relacionada

16 de setembro de 2014 12:00 h - 12:45 h

Apertura das novas fases para solicitar dominios .gal

A Asociación puntoGAL presenta a apertura das fases "Abrente" e "Carreira" para solicitar novos dominios de Internet co dominio .gal. Estás fases están dirixidas tanto a entidades públicas ou privadas que pretendan protexer as súas direccións ou marcas rexistradas como ao público en xeral. O acto terá lugar na Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) 


22 de xullo de 2014 12:00 h - 13:30 h

Presentación dos enderezos pioneiros de .gal

O evento terá lugar no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santo Domingo de Bonaval, Santiago de Compostela.


Tag:

lanzamento

© Asociación Puntogal