Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Dende a esquerda, Manuel González, presidente de puntoGAL; Xesús Alonso Montero, presidente da RAG e Edita de Lorenzo, directora xeral de puntoGAL na rolda de prensa no salón de actos da Real Academia na Coruña / Marcus F.

16/09/2014

PuntoGAL abre dende hoxe unha nova fase para a solicitude de dominios .gal

Os dominios .gal pódense solicitar dende este martes dentro dunha nova Fase de Lanzamento deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas, propietarios de marcas etc.. A Asociación puntoGAL presentou as súas características e prezos base hoxe ao mediodía na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña.


Presentación das fases de lanzamento do puntoGAL

16/05/2013

As páxinas web pioneiras do .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo

A Asociación puntoGAL presentou esta maña www.dominio.gal  a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para a sociedade galega. A presentación tivo lugar na véspera do Día das Letras Galegas na Cidade da Cultura de Galicia e contou coas intervencións de Manuel González, presidente da Asociación, Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta e Xosé Antonio Gómez Segade, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago.


Reunión da directiva de puntoGAL

12/04/2014

ICANN delega o dominio .gal

Nic.gal convertiuse onte pola noite no primeiro dominio de puntoGAL activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de 7 anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de caracter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.


Axenda relacionada

16 de setembro de 2014 12:00 h - 12:45 h

Apertura das novas fases para solicitar dominios .gal

A Asociación puntoGAL presenta a apertura das fases "Abrente" e "Carreira" para solicitar novos dominios de Internet co dominio .gal. Estás fases están dirixidas tanto a entidades públicas ou privadas que pretendan protexer as súas direccións ou marcas rexistradas como ao público en xeral. O acto terá lugar na Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) 


Tag:

carreira

© Asociación Puntogal