Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Reunión da directiva da Asociación puntoGAL co Valedor do Pobo

11/07/2014

Ultimo día para solicitar un enderezo pioneiro do .gal

O prazo para solicitar ser un dos 90 pioneiros do .gal remata este venres, 11 de xullo. Quedan pois menos de 24 horas para pedir entrar no grupo de institucións, empresas e colectivos que xa amosaron o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galegas solicitando poder activar a súa web co puntoGAL este 25 de Xullo.


Chinese

16/07/2010

A rede será máis accesible para os falantes de chinés

Os operadores de rexistro de China pronto empezarán a ofrecer nomes de dominio en caracteres chinos, despois de que a ICANN, organismo que xestiona o sistema de nomes de Internet, dera luz verde ao uso do alfabeto chinés, informa AFP.


.xxx

05/07/2010

A ICANN aproba a creación do dominio .xxx

Durante a reunión internacional pública celebrada a finais de xuño en Bruxelas, a directiva da ICANN aprobou a creación do polémico dominio de primeiro nivel esponsorizado .xxx, destinado a webs de contidos pornográficos, facilitando o o filtrado deste tipo de contidos na rede, informa a axencia EFE.


Dominio .co

01/06/2010

Os dominios .co competirán cos .com

A plataforma de compra-venta de dominios Sedo anunciou que celebrará a introdución anticipada dos dominios de primeiro nivel .co, de Colombia, coa poxa do dominio e.com, informa PortalTic/EP.


Dominios

05/05/2010

A venta de dominios creceu un 18,6% no primeiro trimestre de 2010

A venda de dominios durante os primeiros tres meses de 2010 alcanzou a cifra de 11.492, o que supón un crecemento do 18,6% en número e do 13% en valor -en total pagouse por eles 16,5 millóns de euros- en relación ao último trimestre de 2009, informa Europa Press.


Dominio .yu

31/03/2010

Iugoslavia deixa de existir na rede

Iugoslavia pasou onte á historia en Internet ao desaparecer o dominio de código de país ".yu" despois de catorce anos de vida no ciberespazo, informa a axencia EFE.


dotCN

29/03/2010

Go Daddy deixará de rexistrar os dominios .cn de China

Unha das máis importantes empresas rexistradoras de dominio do mundo, GoDaddy, deixará de actuar en China, segundo informa o xornal "The Washington Post".


25thcom

10/02/2010

O dominio .com cumpre 25 anos

Este ano o dominio .com (punto com) celebra o seu 25 aniversario. En marzo de 1985 rexistrábase o primeiro nome de dominio .com, symbolics.com, dando paso a unha Internet de consumidores que, 25 anos máis tarde, continúa a transformas as comunicacións, o comercio e a sociedade, informa VeriSign. 


Apple

11/01/2010

Apple aprópiase de 16 dominios de Internet rexistrados por un cidadán

Apple conseguiu que 16 dominios en Internet rexistrados a nome dun cidadán estadounidense pasen á súa propiedade tras presentar unha queixa ante a ICANN  ao considerar que as direccións das páxinas web facían referencia directa á súa liña de produtos, informa Europa Press.


.eu

10/12/2009

Xa se pode rexistrar o "ñ" nos dominios .eu

A letra ñ, as tildes, así como outros caracteres dos alfabetos latino, grego ou cirílico, pódense rexistrar a partir de hoxe nos dominios de internet .eu, de forma que as 23 linguas oficiais da Unión Europea  se poderán empregar plenamente á hora de crear un dominio europeo, informa Efe.



EURid

11/09/2009

O dominio .eu rexistrará caracteres multilingües a partir de decembro de 2009

EURid, o organismo designado pola UE para xestionar os dominios .eu, anunciou onte lanzamento dos dominios multilingües con esta extensión a partir do vindeiro 10 de decembro.


Hosting

11/09/2009

Prevese un crecemento do mercado de aloxamentos de máis do 7% no 2009

Os analistas da esperan unha expansión do 7,6% no sector do hosting e do 7,2% na área de housing en España, segundo publican nun informe recente da consultora DBK, informa Siliconnews.


Google

17/08/2009

Nace Google Palestina

O buscador Google vén de presentar un novo dominio: google.ps, pensado para  aquelas persoas que residen nos territorios ocupados palestinos e demais interesados en saber o que ocorre nestes, informa 20 Minutos.


Dominio .eu

30/06/2009

Xa se pode utilizar o "ñ" nos dominios .eu

 A Comisión Europea decidiu modificar a lexislación comunitaria para que os internautas poidan utilizar plenamente as 23 linguas oficiais da UE na Rede, informa Europa Press.


14/04/2009

Tres millóns de dominios .eu rexistrados en tres anos

O primeiro trimestre do ano 2009 o rexistro do dominio europeo creceu un 2%, supérandose xa a cifra dos tres millóns de dominios rexistrados.



Tag:

dominio

© Asociación Puntogal