Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas relacionadas

Presentación dos enderezos pioneiros de .gal

22/07/2014

puntoGAL presenta os 93 primeiros enderezos que poderán activarse co .gal a partir do 25 de xullo

A Asociación puntoGAL presentou este martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran na lista anexa serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.


Reunión da directiva da Asociación puntoGAL co Valedor do Pobo

11/07/2014

Ultimo día para solicitar un enderezo pioneiro do .gal

O prazo para solicitar ser un dos 90 pioneiros do .gal remata este venres, 11 de xullo. Quedan pois menos de 24 horas para pedir entrar no grupo de institucións, empresas e colectivos que xa amosaron o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galegas solicitando poder activar a súa web co puntoGAL este 25 de Xullo.


Dominio.gal , o portal de lanzamento do puntoGAL

30/07/2014

Os pioneiros do .gal poderanse solicitar até o 11 de xullo

A Asociación puntoGAL ampliou o prazo para presentar solicitudes ao Programa Pioneiros até o 11 de xullo. puntoGAL responde así á demanda expresada por numerosas administracións públicas e institucións privadas, que pediron  máis tempo para completar os trámites necesarios para remitir a súa solicitude.


Mesa do Parlamento aprobando a moción a prol do .gal

26/06/2014

O Parlamento recoñece a importancia da consecución do .gal

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por unaminidade dos partidos políticos representados na Cámara, unha declaración institucional na que recoñece o logro da obtención do dominio e a súa importancia para o desenvolvemento da Internet en Galicia. O Parlamento sinala que o .gal será beneficioso para o desenvolvemento non só da lingua e a cultura na rede, senón tamén doutros ámbitos, entre os que sinala ás empresas.


Captura de pantalla de dominio.gal

04/06/2014

Aberto o prazo para ser Pioneiro do .gal

A Asociación puntoGAL comezou a recibir xa propostas para participar no Programa Pioneiros. As normas que regulan este proceso e o formulario de solicitude

están publicados en liña dende o 1 de xuño.


Axenda relacionada

22 de xullo de 2014 12:00 h - 13:30 h

Presentación dos enderezos pioneiros de .gal

O evento terá lugar no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santo Domingo de Bonaval, Santiago de Compostela.


Tag:

pioneiros

© Asociación Puntogal