10/06/2009
A Asociación PuntoGal, que ten por obxectivo conseguir un dominio propio para a cultura e lingua galegas, vén de estrear a súa nova web no 3º aniversario da súa constitución.
12/05/2009
Nunha entrevista ao San Francisco Chronicle, Twomey, Presidente e CEO da ICANN, fala sobre os próximos cambios na Internet e menciona a iniciativa galega como unha das solicitudes que se presentarán ao proceso de creación de novos dominios.
16/02/2009

María García Ruesgas, Directora de Nomes de Dominio de Arsys, participou recentemente en Roma nunha reunión rexional da ICANN para rexistros e rexistradores acreditados pola ICANN, onde se revisaron as propostas de creación de novos dominios. Os “city” ofrecerán a posibilidade de que as cidades teñan o seu propio dominio e os lingüísticos e culturais, como os “.gal” ou “.eus”, ofrecerán aos internautas dunha comunidade a súa propia identificación dixital.
09/01/2009

O persoal da ICANN respostou, entre outros, aos comentarios feitos pola delegación da Asociación PuntoGal asistente á reunión. PuntoGal solicitara o cumprimento dos prazos previstos e unha aceleración do proceso de solicitude para novos dominios xenéricos, ademais dunha revisión de todos os aspectos da guía para solicitantes que afecten ás cuestións económicas, reivindicando o papel do dominio .gal como unha iniciativa cultural e lingüística, por tanto, cun marcado carácter social e non lucrativo.
19/11/2008

A empresa RegistryASP creou un xogo de mesa que explica, dun xeito divertido, os pasos que terán que seguir os solicitantes de novos dominios xenéricos para conseguir o seu propósito.
© Asociación Puntogal