01/07/2010
A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.
06/10/2009
A iniciativa a prol dun dominio en Internet para a cultura e lingua galega, promovida pola Asociación PuntoGal, conta xa co respaldo de 100 entidades de diversa índole.
07/04/2009

PuntoGal acadou arredor de 600 sinaturas a prol do dominio galego na exitosa campaña que levou a cabo na décima edición do Xuventude Galiza Net. Deste xeito superáronse xa os 10.600 apoios individuais
03/02/2009

A campaña de recollida de sinaturas individuais para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal segue medrando. Desde que se iniciou a campaña de procura de apoios individuais para PuntoGal, en xaneiro de 2007, son xa máis de 10.000 as persoas que coa súa sinatura apoian a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas.
27/01/2009

A Asociación PuntoGal está a piques de conseguir os dez milleiros de apoios individuais á iniciativa a prol dun dominio en Internet para a lingua e cultura galegas, o .gal.
© Asociación Puntogal