09/09/2010
O Comité de Designación (Nominating Committe -NomCom) da ICANN deste ano 2010 vén de completar a súa selección para sete postos directivos dentro da ICANN cunha lista publicada o pasado 7 de setembro, informa a ICANN.
02/08/2010
O organismo vén de implantar o protocolo de seguridade DNSSEC nos 13 servidores de raíz, incrementando así a seguridade do sistema de nomes de dominio (DNS), informan ICANN e o xornal El País.
16/07/2010
Os operadores de rexistro de China pronto empezarán a ofrecer nomes de dominio en caracteres chinos, despois de que a ICANN, organismo que xestiona o sistema de nomes de Internet, dera luz verde ao uso do alfabeto chinés, informa AFP.
05/07/2010
Durante a reunión internacional pública celebrada a finais de xuño en Bruxelas, a directiva da ICANN aprobou a creación do polémico dominio de primeiro nivel esponsorizado .xxx, destinado a webs de contidos pornográficos, facilitando o o filtrado deste tipo de contidos na rede, informa a axencia EFE.
01/07/2010
A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.
18/06/2010
Representantes da Asociación PuntoGal participarán en Bruxelas na 38ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de nomes de dominio en Internet e se darán a coñecer os avances no proceso de creación de novos dominios xenéricos.
20/05/2010
O mundo non tardará moito en quedar sen enderezos de internet ante a explosión do número de dispositivos conectados á web, polo que as organizacións deben trasladarse a unha nova versión do Protocolo de Internet, dixo o responsable do organismo que adxudica as direccións IP, informa o xornal El Universal.
06/05/2010
A ICANN anunciou onte a incorporación ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio) dos primeiros dominios de código de país IDN en alfabetos non latinos, segundo informa a web deste organismo.
07/05/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega durante a 3ª edición do Diálogo Europeo sobre a Gobernanza de Internet, EuroDIG 2010, celebrado a semana pasada en Madrid.
31/03/2010
Iugoslavia pasou onte á historia en Internet ao desaparecer o dominio de código de país ".yu" despois de catorce anos de vida no ciberespazo, informa a axencia EFE.
18/03/2010
A autorización dun dominio de Internet para os sitios dedicados á pornografía, o .xxx, foi aprazada novamente polo organismo que regula os dominios de Internet, a ICANN, informa El País.
29/01/2010
O pasado domingo rexistrábase o dominio tastetdegospel.cat, co que se chegaron aos 40.000 dominios .cat rexistrados, segundo informa a Fundació puntCAT
29/01/2010
VeriSign anunciou o seu enfoque estratéxico para traballar xunto á comunidade de Internet para a implementación de Extensións de Seguridade do DNS (DNSSEC polas súas siglas en inglés) nos Nomes de Dominio de Primeiro Nivel (TLD) .com e .net, informa Diario Ti
26/01/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.
11/01/2010
Apple conseguiu que 16 dominios en Internet rexistrados a nome dun cidadán estadounidense pasen á súa propiedade tras presentar unha queixa ante a ICANN ao considerar que as direccións das páxinas web facían referencia directa á súa liña de produtos, informa Europa Press.
11/12/2009
O 10 de decembro de 2009, a ICANN e a UNESCO asinaron un acordo para colaborar na posta en marcha dos dominios multilingües, fomentando así a pluraridade lingüística da rede, informan desde a UNESCO.
01/10/2009
O Goberno estadounidense e o organismo encargado de asignar as direccións de Internet asinaron onte un acordo que permite unha maior participación global no proceso de asignación de nomes de dominios, informan Reuters e El País.
29/06/2009
Rod Beckstrom foi nomeado como novo CEO e presidente da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). A designación concretouse na 35º reunión do organismo que levou a cabo a semana pasada en Australia, informa Silicon News.
19/06/2009
A partir do vindeiro 21 de xuño a cidade de Sydney acollerá o 35º encontro internacional da ICANN no que se abordarán diversos temas vencellados á organización e regulamento da Internet.
10/06/2009
A Asociación PuntoGal, que ten por obxectivo conseguir un dominio propio para a cultura e lingua galegas, vén de estrear a súa nova web no 3º aniversario da súa constitución.
05/05/2009
Nun vídeo publicado onte na súa web, a comisaria europea de Sociedade da Información, Viviane Reding, esixiu máis transparencia e responsabilidade na gobernanza da Internet a partir do 1 de outubro de 2009.
12/05/2009
Nunha entrevista ao San Francisco Chronicle, Twomey, Presidente e CEO da ICANN, fala sobre os próximos cambios na Internet e menciona a iniciativa galega como unha das solicitudes que se presentarán ao proceso de creación de novos dominios.
27/02/2009

Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en México D.F. na 34ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de nomes de dominio en Internet.
16/02/2009

María García Ruesgas, Directora de Nomes de Dominio de Arsys, participou recentemente en Roma nunha reunión rexional da ICANN para rexistros e rexistradores acreditados pola ICANN, onde se revisaron as propostas de creación de novos dominios. Os “city” ofrecerán a posibilidade de que as cidades teñan o seu propio dominio e os lingüísticos e culturais, como os “.gal” ou “.eus”, ofrecerán aos internautas dunha comunidade a súa propia identificación dixital.
09/02/2009

Amadeu Abril, impulsor dos dominio .cat, co gallo da presentación da iniciativa .eus -dominio en Internet para a lingua e cultura vasca-, fala sobre a experiencia do dominio catalán e valora as posibilidades para outros dominios de tipo lingüístico e cultura, nunha entrevista publicada no xornal Gara (07-02-2009).
09/01/2009

O persoal da ICANN respostou, entre outros, aos comentarios feitos pola delegación da Asociación PuntoGal asistente á reunión. PuntoGal solicitara o cumprimento dos prazos previstos e unha aceleración do proceso de solicitude para novos dominios xenéricos, ademais dunha revisión de todos os aspectos da guía para solicitantes que afecten ás cuestións económicas, reivindicando o papel do dominio .gal como unha iniciativa cultural e lingüística, por tanto, cun marcado carácter social e non lucrativo.
19/11/2008

A empresa RegistryASP creou un xogo de mesa que explica, dun xeito divertido, os pasos que terán que seguir os solicitantes de novos dominios xenéricos para conseguir o seu propósito.
01/10/2008

Un mes despois celebrouse a primeira reunión organizacional do Consello de Directores no hotel Holiday Inn JFK de Nova York, na que Michael Roberts foi nomeado presidente CEO provisional e Esther Dyson presidenta.
08/09/2008

A ICANN anunciou o pasado día 5 de setembro a sinatura dun intercambio de cartas co manager do dominio de primeiro nivel de código de país (ccTLD) .pl (Polonia), Naukowa i Akademicka Sièc Komputerowa (NASK).
31/07/2008

Esta iniciativa é resultado do esforzo da ICANN por incrementar a transparencia organizativa no ámbito mundial e ofrecer mellor información á comunidade sobre as actividades de elaboración das súas políticas. Para chegar a máis usuarios, a ICANN publicará estes documentos en español e francés, ademais de inglés.
24/07/2008

O número do mes de xullo da revista da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) inclúe informacións relacionadas coas decisións acadadas na reunión internacional pública celebrada en París a finais de xuño.
01/07/2008

A GNSO (Organización de Apoio de Nomes Xenéricos) ten elaborado unha política para guiar a introdución destes novos dominios, que inclúe unha serie de criterios de selección. Segundo estes criterios, os solicitantes deberán demostrar a súa capacidade organizacional, técnica, operativa e financieira para levar a cabo a operación de rexistro, garantindo sempre a seguridade, estabilidade e interoperabilidade global de Internet.
19/06/2008
Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en París na 32ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamiento do sistema de dominios en Internet.
21/05/2008

Axudará á ICANN a comprender como podería mellor o acceso multilingüe ao traballo de organización.
13/05/2008

ICANN asinou a semana pasada o seu 40º marco de responsabilidade co manager do código de dominio “.is” de Islandia, uníndose aos outros 55 países que xa formalizaran a súa relación.
07/04/2008

ICANN lanzou o pasado día 3 de abril o Boletín de Noticias de Conformidade Contractual, un boletín que ofrece unha instantánea do amplo campo de traballo de conformidade que está a ser realizado pola ICANN.
03/04/2008

A ICANN acolleu con agrado o comunicado do 2 de abril referente á revisión a medio prazo do Proxecto de Acordo Conxunto (JPA) do Departamento de Telecomunicacións Nacionais do Comercio e de Administración Información (NTIA), informa a ICANN.
11/03/2008

A ICANN, organización que xestiona o sistema de nomes de dominio de Internet, intenta determinar cal será o seu modelo de funcionamento cando o memorando de entendemento que mantén co Departamento de Comercio dos EUA expire en setembro de 2009, informa a revista iWorld.
15/02/2008
A GNSO presentou na 31ª reunión internacional da ICANN, que hoxe se clausura en Nova Delhi, un pequeno informe segundo o cal se manteñen os requisitos e o calendario previstos para a solicitude de novos dominios. O calendario definitivo darase a coñecer na vindeira reunión internacional da ICANN que se celebrará en xuño en París
11/02/2008

Representantes do PuntoGal asistiron hoxe á sesión de apertura da reunión internacional da ICANN en Nova Delhi, na que distribuíron material informativo sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede.
27/09/2007

Santiago de Compostela acollerá a vindeira fin de semana a primeira reunión das candidaturas linguísticas e culturais que queren obter un dominio propio en internet.
20 de xuño de 2010 10:30 h - 25 de xuño de 2010 17:30 h
A ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) celebra o seu 2º encontro internacional público deste ano 2010 na cidade de Bruxelas.
23 de febreiro de 2010 12:00 h - 13:00 h
A Asociación Trabalingua e a Universidade de Vigo organizan unha conferencia para falar sobre a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER) e as posibilidades de localizar a súa sede en Galicia e presentar a iniciativa a prol do dominio .gal, promovida pola Asociación PuntoGal.
7 de marzo de 2010 09:00 h - 12 de marzo de 2010 14:00 h
A ICANN celebra o seu primeiro encontro internacional público do ano 2010 na cidade de Nairobi, en Kenya.
21 de xaneiro de 2010 14:30 h - 22 de xaneiro de 2010 20:30 h
O hotel Rívoli Rambla de Barcelona acolle esta reunión na que se debatirán diversos temas relacionados coa gobernanza de Internet, nomes de dominio e ICANN: novas estratexias para o proceso de novos dominios, desenvolvemento do mercado de dominios, IDNs,etc.
4 de agosto de 2009 09:00 h - 17:00 h
A ICANN organiza unha sesión de consulta sobre o proceso de creación de novos dominios de primeiro nivel. Centrarase na cuestión dos Nomes de Dominio Internacionalizados. Esta reunión terá lugar no Hotel Sheraton de Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos). A participación é aberta.
© Asociación Puntogal