16/09/2010
O administrador de dominios .co, .CO Internet S.A.S, anunciou onte ter alcanzado máis de medio millón de rexistros de nomes de dominio .co, informa El Espectador.
01/06/2010
A plataforma de compra-venta de dominios Sedo anunciou que celebrará a introdución anticipada dos dominios de primeiro nivel .co, de Colombia, coa poxa do dominio e.com, informa PortalTic/EP.
06/05/2010
A ICANN anunciou onte a incorporación ao DNS (Sistema de Nomes de Dominio) dos primeiros dominios de código de país IDN en alfabetos non latinos, segundo informa a web deste organismo.
05/05/2010
A venda de dominios durante os primeiros tres meses de 2010 alcanzou a cifra de 11.492, o que supón un crecemento do 18,6% en número e do 13% en valor -en total pagouse por eles 16,5 millóns de euros- en relación ao último trimestre de 2009, informa Europa Press.
31/03/2010
Iugoslavia pasou onte á historia en Internet ao desaparecer o dominio de código de país ".yu" despois de catorce anos de vida no ciberespazo, informa a axencia EFE.
13/01/2010
Os dominios gobernamentais na rede internet terán nove meses máis, ata setembro, para cambiar a súa denominación de .gov a .gob, debido a que ata decembro do ano pasado unha boa parte das institucións públicas do país non concluíu a transición, informa Laprensa.com.bo
13/01/2010
Bulgaria recibira hai case dous anos a aprobación da Corporación para a Asignación de Nomes e Números en Internet (ICANN) para rexistrar un dominio web en alfabeto cirílico, e agora pende a súa aprobación deste organismo para rexistrar o dominio ".bg", pero usando caracteres cirílicos, informa EFE.
14/10/2009
Un fallo no mantemento do dominio de código de país de primeiro nivel de Suecia, .se, afectou aproximadamente a un millón de dominios .se, que estiveron inaccesibles durante varias horas do pasado luns, informa Lainformacion.com.
30/01/2009

O 1 de Febreiro de 1989 rexistrouse o primeiro nome de dominio .mx (itesm.mx). Desde esa data xa son mais de 279.000 os rexistros de nomes de dominio .mx, informa o Network Internet Center -México (NIC México).
08/09/2008

A ICANN anunciou o pasado día 5 de setembro a sinatura dun intercambio de cartas co manager do dominio de primeiro nivel de código de país (ccTLD) .pl (Polonia), Naukowa i Akademicka Sièc Komputerowa (NASK).
13/05/2008

ICANN asinou a semana pasada o seu 40º marco de responsabilidade co manager do código de dominio “.is” de Islandia, uníndose aos outros 55 países que xa formalizaran a súa relación.
01/08/2007
VeriSign, Inc. (NASDAQ: VRSN), provedor líder de servizos de infraestrutura dixital para un mundo conectado á rede, anunciou á publicación do Reporte da Industria dos Nomes de Dominios correspondente ó primeiro trimestre de 2007. De acordo con este informe os rexistros totais de dominios alcanzaron os 128 millóns.
© Asociación Puntogal