01/06/2010
A plataforma de compra-venta de dominios Sedo anunciou que celebrará a introdución anticipada dos dominios de primeiro nivel .co, de Colombia, coa poxa do dominio e.com, informa PortalTic/EP.
05/05/2010
A venda de dominios durante os primeiros tres meses de 2010 alcanzou a cifra de 11.492, o que supón un crecemento do 18,6% en número e do 13% en valor -en total pagouse por eles 16,5 millóns de euros- en relación ao último trimestre de 2009, informa Europa Press.
10/02/2010
Este ano o dominio .com (punto com) celebra o seu 25 aniversario. En marzo de 1985 rexistrábase o primeiro nome de dominio .com, symbolics.com, dando paso a unha Internet de consumidores que, 25 anos máis tarde, continúa a transformas as comunicacións, o comercio e a sociedade, informa VeriSign.
10/12/2009
O operador de rexistro do .tel, Telnic, enviou unha carta ao Presidente e CEO de ICANN, Rod Beckstrom, solicitando permiso para lanzar os nomes de dominio internacionalizados (IDNs), informa Domain Name Wire.
19/06/2009
A partir do vindeiro 21 de xuño a cidade de Sydney acollerá o 35º encontro internacional da ICANN no que se abordarán diversos temas vencellados á organización e regulamento da Internet.
27/02/2009

Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en México D.F. na 34ª edición do encontro internacional da ICANN, no que se abordarán distintos aspectos sobre o funcionamento do sistema de nomes de dominio en Internet.
19/11/2008

A empresa RegistryASP creou un xogo de mesa que explica, dun xeito divertido, os pasos que terán que seguir os solicitantes de novos dominios xenéricos para conseguir o seu propósito.
01/09/2008

O .org, The Public Interest Registry (o rexistro de interese público), rexistro que se atopa detrás do nome de dominio global .org anunciou que contan con máis de 7 millóns de nomes de dominio reistrados, converténdose no terceiro dominio xenérico (despois de .com e .net), informa marketwire.com.
4 de agosto de 2009 09:00 h - 17:00 h
A ICANN organiza unha sesión de consulta sobre o proceso de creación de novos dominios de primeiro nivel. Centrarase na cuestión dos Nomes de Dominio Internacionalizados. Esta reunión terá lugar no Hotel Sheraton de Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos). A participación é aberta.
© Asociación Puntogal