04/08/2010
O negocio dos dominios de Internet semella non verse afectado pola crise económica, e o prezo e a compra venda de dominios segue medrando, segundo indican os datos do novo estudo trimestral de Sedo, plataforma en liña de operacións comerciais con dominios da rede, informan Efe e Europa Press.
26/01/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.
23/09/2009
Con motivo do 20 aniversario dos dominios .es, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria convoca un concurso para premiar as mellores webs .es, a través de Red.es, informa 20 minutos.
02/10/2007

Hoxe comezou unha fase preferente para os usuarios que teñan un dominio rexistrado. Os titulares dun nome de dominio asignado con anterioridade ao 1 de xuño 2007 poden solicitar o seu dominio multilingüe desde as 6:00h do 2 de outubro ata as 18:00h do 30 de Outubro.
15/05/2007

A entidade empresarial entidade adscrita ó Ministerio de Industria Red.es premiará o próximo 17 de maio ós usuarios que rexistren máis dominios .es, coincidindo co 'Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Día de Internet'.
18/04/2007

A eñe, a cedilla, as diérese e as vocais acentuadas poderanse utilizar na Rede.es, grazas a un proxecto de lei aprobado polo Goberno de España que busca a expansión e o uso das tecnoloxías da información no idioma español
13/12/2006
Segundo os datos da autoridade de rexistro de dominios .es, xa hai máis de medio millón de páxinas web unidas a este sufixo. A cantidade de dominios co identificativo español experimentou unha forte suba durante a feira SIMO, na que se rexistraron 43.700 solicitudes debido á oferta que realizaron diferentes empresas rexistradoras de dominios.
© Asociación Puntogal