01/07/2010
A Universidade de Vigo e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia presentaron a súa carta de adhesión ao proxecto a favor dun dominio en Internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o .gal.
29/01/2010
O pasado domingo rexistrábase o dominio tastetdegospel.cat, co que se chegaron aos 40.000 dominios .cat rexistrados, segundo informa a Fundació puntCAT
26/01/2010
A Asociación PuntoGal presentou o proxecto do dominio para a cultura e lingua galega ante os participantes na décima convención do ICANN Studienkreis, celebrada a semana pasada en Barcelona, na que se presentaron outras propostas.
25/11/2009
A Fundació puntCAT está a piques de lanzar unha web que facilitará toda a información en relación aos beneficios de dispor dun dominio propio e como sacarlle o máximo partido: www.queferambum.cat, informan desde a propia fundación.
01/10/2009
A Fundación puntCAT consolida o seu crecemento e impulsa a relación co mundo empresarial trasladando as súas oficinas a ESADE- Creapolis, en Sant Cugat del Vallès, informa a Fundacion puntCAT.
08/09/2009
A Fundación puntCAT organiza un concurso de fotos nas que aparezan dominios .cat, ofrecendo deste xeito unha ferramenta aos usuarios destes dominios para poder promocionar o seu propio .cat, informan desde a propia Fundación
23/04/2009
A Fundación puntCAT presenta no día do San Jordi a campaña "Navega en català" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.
09/02/2009

Amadeu Abril, impulsor dos dominio .cat, co gallo da presentación da iniciativa .eus -dominio en Internet para a lingua e cultura vasca-, fala sobre a experiencia do dominio catalán e valora as posibilidades para outros dominios de tipo lingüístico e cultura, nunha entrevista publicada no xornal Gara (07-02-2009).
19/11/2008

O vindeiro xoves, a Fundació brindará a oportunidade a todos os usuarios do dominio .cat que participen no obradoiro de crear a súa propia web .cat empregando as ferramentas gratuítas da Internet.
28/07/2008

Desde que se abriu a fase inicial de rexistro, en febreiro de 2006, o .cat conta xa con máis de 30.000 dominios rexistrados, informa e-notíces.
15/05/2008

O puntCAT anima a celebrar a festividade do Día de Internet, o vindeiro 17 de maio, explorando a rede, informa a web do dominio para a comunidade cultural e lingüística catalá.
09/11/2007

O buscador máis popular de internet, Google, activa o .cat, o seu primeiro dominio xenérico específico para unha comunidade concreta, neste caso a comunidade lingüística e cultural catalá, segundo informa a Fundació puntCAT, que xestiona o dominio .cat.
28/08/2007
O dominio de internet .cat ten xa 23.619 rexistros contabilizados un ano e medio logo de ser aprobado polo ICANN, o organismo internacional que se encarga de xestionar os dominios na rede. Segundo o director executivo da fundación Punt.Cat, Jordi Iparaguirre, esta é unha cifra "notable" tendo en conta que o dominio .cat non é dominio territorial equivalente ao que dispón os países, senón que se trata dun rexistro xenérico, dedicado á lingua e a cultura.
16/11/2006
A Fundación PuntCat asinou un convenio coa Biblioteca de Catalunya para colaborar na elaboración do depósito Patrimonio Dixital de Catalunya (PADICAT), un proxecto que pretende recoller, almacenar e preservar toda a producción cultural, científica e xeral elaborada en formato dixital creada en Catalunya ou que teña un interese prioritario para o país.
© Asociación Puntogal