04/08/2010
O negocio dos dominios de Internet semella non verse afectado pola crise económica, e o prezo e a compra venda de dominios segue medrando, segundo indican os datos do novo estudo trimestral de Sedo, plataforma en liña de operacións comerciais con dominios da rede, informan Efe e Europa Press.
07/06/2010
O Tribunal de Xustiza da UE, en resposta á consulta do Tribunal Supremo austriaco, ditou unha sentenza sobre un conflito polo rexistro dun dominio .eu na que se fixan criterios orientativos para detectar a utilización especulativa ou abusiva de certas direccións virtuais, informa B. de M. en Cinco Días.
30/06/2009
A Comisión Europea decidiu modificar a lexislación comunitaria para que os internautas poidan utilizar plenamente as 23 linguas oficiais da UE na Rede, informa Europa Press.
14/04/2009

O primeiro trimestre do ano 2009 o rexistro do dominio europeo creceu un 2%, supérandose xa a cifra dos tres millóns de dominios rexistrados.
15/01/2009

O rexistrador de dominios EURid informou de que se acadou a cifra de tres millóns de nomes de dominio .eu. Case un terzo deles foron rexistrados en Alemaña, mentres que en España só 67.000 rexistros identifícanse coa identidade europea online, informa Baquía.
09/10/2008

EURid, o organismo designado pola Unión Europea para xestionar os dominios .eu, puxo en marcha varias medidas para fomentar, entre particulares e empresas, o rexistro de direccións de Internet coa extensión europea, informa o portal Vnunet.es.
19/05/2008

Durante o pasado ano, o dominio de Internet europeo ".eu" sumou máis de 300.000 novos usuarios e conta con 2,8 millóns de nomes rexistrados en tan só dous anos de existencia.
22/09/2006
Esta semana oíronse queixas no Parlamento Europeo motivadas pola xestión dos dominios .eu. Desde abril deste ano, cando se abriu a posibilidade de rexistralos, son máis de 2 millóns os enderezos dados de alta con este sufixo. A rapidez e a cantidade de rexistros fixeron saltar en Europa as sospeitas de compras con intencións especulativas, un fenómeno coñecido como ‘cybersquatting’.
© Asociación Puntogal