04/08/2010
O negocio dos dominios de Internet semella non verse afectado pola crise económica, e o prezo e a compra venda de dominios segue medrando, segundo indican os datos do novo estudo trimestral de Sedo, plataforma en liña de operacións comerciais con dominios da rede, informan Efe e Europa Press.
07/07/2010
Internet creceu en 1 millón de nomes de dominio no primeiro trimestre de 2010, superando os 193 millóns de rexistros de dominios, segundo o último Resumo da Industria dos Nomes de Dominio publicado pola empresa de seguridade informática VeriSign.
07/06/2010
O Tribunal de Xustiza da UE, en resposta á consulta do Tribunal Supremo austriaco, ditou unha sentenza sobre un conflito polo rexistro dun dominio .eu na que se fixan criterios orientativos para detectar a utilización especulativa ou abusiva de certas direccións virtuais, informa B. de M. en Cinco Días.
18/03/2010
A autorización dun dominio de Internet para os sitios dedicados á pornografía, o .xxx, foi aprazada novamente polo organismo que regula os dominios de Internet, a ICANN, informa El País.
11/12/2009
O 10 de decembro de 2009, a ICANN e a UNESCO asinaron un acordo para colaborar na posta en marcha dos dominios multilingües, fomentando así a pluraridade lingüística da rede, informan desde a UNESCO.
10/12/2009
O operador de rexistro do .tel, Telnic, enviou unha carta ao Presidente e CEO de ICANN, Rod Beckstrom, solicitando permiso para lanzar os nomes de dominio internacionalizados (IDNs), informa Domain Name Wire.
10/12/2009
O país africano Camerún (.cm) desbancou a Hong Kong (.hk) como o dominio máis perigoso de Internet, segundo o terceiro informe anual de McAfee, "Mapping the Mal Web". No lado oposto, atópase Xapón (.jp) como o dominio máis seguro da rede, formando parte da lista dos cinco dominios máis seguros da rede, por segundo ano, informa CiberSur.com
01/10/2009
O Goberno estadounidense e o organismo encargado de asignar as direccións de Internet asinaron onte un acordo que permite unha maior participación global no proceso de asignación de nomes de dominios, informan Reuters e El País.
21 de xaneiro de 2010 14:30 h - 22 de xaneiro de 2010 20:30 h
O hotel Rívoli Rambla de Barcelona acolle esta reunión na que se debatirán diversos temas relacionados coa gobernanza de Internet, nomes de dominio e ICANN: novas estratexias para o proceso de novos dominios, desenvolvemento do mercado de dominios, IDNs,etc.
© Asociación Puntogal